Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de febreiro de 2026

Celebramos o Día de Rosalía cun caldo que sabía a gloria

O Día de Rosalía, que se celebra cada 23 de febreiro polo nacemento de Rosalía de Castro, é unha ocasión para lembrar a súa obra e reivindicar a lingua e a cultura galegas. Este ano quixémonos sumar á iniciativa do Caldo de Gloria, promovida pola Fundación Rosalía de Castro, que anima a preparar e compartir este prato sinxelo inspirado no poema “Miña casiña, meu lar” de Follas NovasCon este xesto simbólico, recórdase a dignidade das persoas humildes ás que Rosalía deu voz e convídase a manter vivo o seu legado tamén a través da tradición e da memoria colectiva.

 


O alumnado de 5º e 6º de Primaria foi o encargado de pasar polas aulas na Hora de Ler para recitar este poema de Rosalía e convidarnos a degustar un saboroso caldo que, como non podía ser doutra maneira, sóubonos a gloria.



Un delicioso caldiño que quentounos as barriguiñas e tamén os corazóns!

Que viva Rosalía e o noso amor pola língua!




luns, 24 de febreiro de 2025

Versos para Rosalía.

Celebramos o Día de Rosalía, a nosa poeta máis universal, cun recitado dos seus versos sobre os que estivemos a traballar estes días pasados. Hoxe a choiva non nos permitiu xuntarnos na nosa arboreda do patio, pero igualmente espallamos os versos de Rosalía e o seu amor pola nosa língua.

O Meco mandounos traer flores para encher de alegría o Día de Rosalía e nós, ademais botámoslle versos ao ar: Alborada, O moucho, Isca de aí, Lugar máis fermoso non houbo na terra, Has de cantar, Como chove miudiño, Adiós ríos, adiós fontes, Campanas de Bastavales e Miña casiña, meu lar. Todo un recital!


Os nenos e nenas de 3 anos recitaron o poema "Alborada"

Os de 4 anos recitaron "O moucho" con moito ritmo.

Os de 5 anos, "Isca de aí"

E comezamos cos nenos e nenas de 1º de Primaria, que recitaron "Lugar máis fermoso non houbo na terra"

As nenas e nenos de 2º de Primaria, recitaron "Has de cantar"


Na quenda de 3º de Primaria, escoitamos "Como chove miudiño"

E os de 4º de Primaria recitaron "Adiós ríos, adiós fontes".

5º de Primaria, deleitounos con "Campanas de Bastavales",

E os de 6º de Primaria, "Miña casina, meu lar".
Como arrecendía este caldo de gloria. Hummm!


Por mil primaveras máis para a nosa língua!
Viva Rosalía!

luns, 8 de abril de 2024

DÍA DE ROSALÍA E DÍA DE POESÍA

      O 21 de marzo conmemorábase o Día da Poesía e, para celebralo, fixemos un acto léndolle aos nosos compañeiros e compañeiras os caligramas que fixeramos polo Día de Rosalía. Aquí podedes ver algunha foto:

 







 

luns, 12 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA

     Acércase o Día de Rosalía, e para coñecer máis sobre ela, deixamos aquí material para traballar nas aulas. Premede nas imaxes e atoparedes distintas actividades:







Visita virtual á Casa de Rosalía

mércores, 7 de xuño de 2023

FLORES PARA ROSALÍA

    E xa ben entrada a primavera empezaron a saír as nosas primeiras Flores para Rosalía. 

     Vaia xardín tan bonito que está quedando!!!


 

xoves, 9 de marzo de 2023

DÍA DE ROSALÍA

      Xa temos o vídeo do acto que celebramos no cole para conmemorar o Día de Rosalía. Aquí o podedes ver:

 

luns, 27 de febreiro de 2023

FLORES PARA ROSALÍA

Mañá celebramos o Día de Rosalía no cole. Cada aula lerá uns poemas creados por eles e escritos nun papel con sementes que despois plantaremos.

Veredes que flores tan bonitas van saír para Rosalía!!

Aquí tendes os poemas:

3 ANOS



4 ANOS



5 ANOS



1º EP


2º EP

 



3º EP



4º EP

 
 

5º EP


 
 
6º EP