Amosando publicacións coa etiqueta Empréstito dixital. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Empréstito dixital. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de xuño de 2026

Empréstito de verán

Chega o verán e é tempo de lecer e de gozar a tope do sol, da praia, dos paseos, da amizade e da familia... e cómo non, tamén de gozar da lectura! Lembrade que durante este mes a nosa biblio segue aberta e podedes pasarvos para levar un lotiño (ou lotazo) de libros para ler durante as vacacións. 

E tamén, familias, podedes pasarvos por aquí para facervos usuarias da nosa biblio e poder acceder ao empréstito dixital a través de E-LBE.2. Agardamos por vós! 


mércores, 18 de xuño de 2025

Empréstitos de verán

E antes de rematar o curso, contarvos que este verán podes levar emprestado un lote de libros para ler durante as vacacións! 

Ademais, se ainda non o fixeches, podes activar o teu usuario 
E-LBE.2 para ler tamén en formato dixital.

Non te olvides de pasar pola nosa biblioteca!!!

martes, 3 de decembro de 2024

Lecturas para a diversidade no Día Internacional da Discapacidade.

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado polas Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como sensibilizar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

A Asesoría de Bibliotecas Escolares recoméndanos unha selección de lecturas sobre o valor da diversidade ás que podemos acceder a través de E-LBE.2, a plataforma de empréstito dixital das bibliotecas escolares de Galicia. Podes consultalas escaneando o código QR ou simplemente premendo na imaxe a continuación.



Se non sabes como acceder á plataforma E-LBE.2, pásate pola biblio calquera martes pola tarde e pregúntalle a Rosa ou a Fátima como facelo. Ensinaránche gustosas como acceder ao empréstito dixital.