Amosando publicacións coa etiqueta Manualidades de reciclaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Manualidades de reciclaxe. Amosar todas as publicacións

mércores, 7 de xuño de 2023

REMATA A VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

     Acércase a fin de curso e a viaxe das mochilas viaxeiras chega ao seu fin. Fostes moitos os alumnos e alumnas que nos enviastes imaxes coas vosas manualidades con material de refugallo. Nas fotos seguintes vedes as últimas que nos mandaron Aldara e HIlde de 6º EI e Celia, Martina, Noemi e Valentina de 2º EP.

     Grazas a todas/os por participar e non vos esquezades nunca de reducir o voso consumo e de reutilizar todo o que poidades.






 

martes, 14 de marzo de 2023

AS MOCHILAS SEGUEN VIAXANDO

      As mochilas viaxeiras seguen o seu camiño e continúan chegando manualidades feitas con material de refugallo. Nesta ocasión son de Celia, Valentina, Ángel e Keila de 2º EP.

 




luns, 6 de febreiro de 2023

VAIA ARTISTAS!!!

Comezamos un novo ano e as mochilas seguen viaxando de casa en casa e seguen traéndonos novas manualidades con material de refugallo. Aquí podedes ver as de Izan, Julia e Martina de 2º EP e Xela de 1º EP.

 




mércores, 21 de decembro de 2022

MANUALIDADES DE NADAL

    Na aula de 6º EI estiveron facendo estas manualidades de Nadal con material de refugallo. Así aprenderon a importancia que teñen as 3R (reducir, reutilizar e reciclar) para SOSter o mundo coas nosas mans.

   Mirade que ben lles quedaron!!

 










 

mércores, 14 de decembro de 2022

MÁIS MANUALIDADES DA MOCHILA VIAXEIRA

Ola!

Que ben!!! Dende a casa seguides a facer arte con material de refugallo!

Mirade que cousiñas tan bonitas fixeron os vosos compañeiros e compañeiras: 

 

Breixo de 5º EI fixo unha galiña gardacousas cunha caixa de mistos.

 
 

Noemi de 2º EP, un boneco de neve con cartóns de ovos.


Xandre de 2º EP coa axuda do seu irmá Xalo fixo estas manualidades con cartóns de ovos.

 

Noa de 3º EP fixo un telescopio cunha botella de plástico.

 


Animádevos a mandar as vosas!!!


xoves, 24 de novembro de 2022

NOVAS MANUALIDADES

     Xa temos máis manualidades con material de refugallo, desta vez as achegas son de Hugo Casal de 2º EP e Hilde e Aldara de 6ª EI.



luns, 14 de novembro de 2022

MANUALIDADES CON MATERIAL DE REFUGALLO

Boas rapazas e rapaces!!

Xa temos as primeiras fotos das manualidades feitas con material de refugallo. Os artistas son Alex de 2º EP e Aldara de 3º EP.

Mirade que ben lles quedaron!!