Amosando publicacións coa etiqueta Novidades lectoras 24/25. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Novidades lectoras 24/25. Amosar todas as publicacións

mércores, 23 de abril de 2025

Ler con... D, celebrando o Día do libro

Celebramos o Día do Libro, lendo... Xa sabedes que durante este mes de abril estamos aproveitando a "Hora de ler", eses 20 minutos nos que todo o cole "para" e se mergulla na lectura, para desenvolver o programa de voluntariado de lectura "Ler con...D". E lemos onde nos cadre: no patio, nas aulas, no ximnasio... Velaiquí estamos!








    Que marabilla! 
Como gozamos cando nos contan contos!

E para festexar o Día do Libro, Macín quixo deixarnos un agasallo na porta da escola. Un pequeno surtido de lecturas para todos e todas coas que ir ampliando o catálogo da nosa biblioteca.
Pero que sorte a nosa!

mércores, 8 de xaneiro de 2025

Por un 2025 cargado de fermosas lecturas!



Pero que grandísima sorpresa nos estaba agardando na biblio á volta das vacacións de nadal! Libros, libros e máis libros, pero tamén unha chea de xogos novos para compartir, novas mochilas viaxeiras para o empréstito familiar e... tachán! Un fermosísimo boneco do noso benquerido Mago Macín cos brazos ben abertos para espallar o seu amor pola lectura, 100% achuchable 💜. 

E quen fixo todo isto? Pois non podía ser doutra forma... A maxia dos tres Reis Magos encheu a nosa biblioteca de ilusión. Deixáronnos unha carta explicándonolo todo e ademais transmitíronnos unha mensaxe do propio Macín, que quere que compartamos un conto para a paz cos nosos compañeiros e compañeiras a través do Kamishibai, unha sorte de teatriño de papel para contar historias. Animádesvos?

 

Por un 2025 avengoso cheo de fermosas lecturas!

venres, 4 de outubro de 2024

Unha morea de libros novos na reapertura da nosa Biblioteca!

A Biblio Macín abre de novo as súas portas e que mellor forma de facelo que darlle a benvida aos novos lectores e lectoras cunha morea de libros de parte do noso benquerido Mago Macín, gardián dos libros da nosa biblioteca!


Ademais de deixarnos tres caixas cheas de libros e algún que outro enredo, había unha carta na que nos pedía que ao longo deste mes preparásemos contos de medo para celebrar o Samaín tamén na biblioteca e investigásemos un pouquiño sobre as nosas tradicións.


Antes de voltar ás clases pudidemos botarlle unha ollada ás novas incorporacións traídas polo noso amigo Macín que de seguro nos farán gozar coa súa lectura tanto nas aulas como nas nosas casas. Verdade que si? Axiña poderédelas levar emprestadas!

Comeza un novo curso na Biblio Macín!