Amosando publicacións coa etiqueta Foliada das Letras 25. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Foliada das Letras 25. Amosar todas as publicacións

venres, 23 de maio de 2025

E así foi a nosa I Foliada das Letras

Tras o xantar de convivio de toda a comunidade educativa na arboreda da escola organizamos moitas actividades para compartir en familia e coas que puidemos gozar ata ben entrada a tarde: obradoiros de baile, de elaboración de instrumentos con materiais naturais e de refugallo, de creación con materiais de refugallo, torneiro, peóns de man, gravado en madeira... 


A música veu da man do grupo de cantareiras Algalía, a Asociación Folclórica e Cultural Orballo e Airiños de Fene, que compartiron con nós cantos e tradicións. Que sorte a nosa!

Algalía
_____________________

Asociación Folclórica e Cultural Orballo

_________________________

Airiños de Fene


Grazas a todas as persoas que o fixeron posible! 

Polas que foron, polas que son e polas que serán.
Que vivan as Letras Galegas!!!

venres, 16 de maio de 2025

Atención! Aquí se vén a nosa I Foliada das Letras


Por aquí vos deizamos o cartaz da I Foliada das Letras que terá lugar o vindeiro venres 23. Xa vedes que a tarde promete... 

Non o podedes perder!!!