Amosando publicacións coa etiqueta Hora de ler. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Hora de ler. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de abril de 2026

Moooito conto!

Cumprindo coa enconmenda de Macín para este mes de abril enchemos a nosa escola de historias compartidas e momentos especiais arredor da lectura. 

O alumnado de 5º de Educación Infantil visitou a aula de 1º de Primaria para contarlles o conto A que sabe a lúa?, de Michael Grejniec. 





__________

O alumnado de 3º de Primaria tamén escolleu a clase de 1º para ir contar, nada máis e nada menos que Zog e os doctores voladores. Unha trepidante aventura da princesa Alelí e o cabaleiro Xurxo que voan ao lombo do gragón Zog para axudar a quen o precise: sereas, leóns e ata unicornios en apuros... Pero que acontece cando o doente é o mesmiño rei???




_______
Estas experiencias permítelles non só desfrutar da lectura, senón tamén traballar a expresión oral, a confianza e o gusto por comunicar aos demais todo o que os libros poden ofrecer.


Actividades coma esta axudan a fortalecer os vínculos entre etapas e converten a lectura nunha experiencia compartida, na que aprender e emocionarse vai sempre da man. Porque na nosa escola os contos medran cando se len… pero aínda máis cando se contan.



xoves, 23 de abril de 2026

Cando lemos todo é posible, sobre todo o imposible

Celebramos o Día do Libro 2026 recollendo as verbas escritas por Eva Mejuto para a Asesoría de Bibliotecas Escolares co gallo do Día do Libro 2026, e deixando que a lectura invada un día máis a nosa marabillosa contorna neste día solleiro de primavera.


 







E lembra:
Cando lemos todo é posible, 
sobre todo o imposible.

Feliz Día do libro e felices lecturas
todo o ano!!!

xoves, 22 de maio de 2025

E máis familias con moito conto

E continuamos co programa de Voluntariado de lectura "Ler con...D" . Desta volta foi Natalia, a nai de Rebeka e Monika quen veu a contar contos nas aulas das súas fillas. 


Moitas grazas por compartir!


venres, 25 de abril de 2025

Voluntariado de lectura 24-25

E velaiquí vai a última quenda de voluntarios que este mes traballou a reo contando contos ao alumnado non lector ou que acaba de comezar a ler de forma autónoma. Este mes de abril estivo cargadiño de contos para ler e para escoitar. Así da gusto. 
Menudo equipazo de voluntarios que temos. Que sorte a nosa!


Moitas grazas a esta rapazada polas contadas!
 

mércores, 23 de abril de 2025

Ler con... D, celebrando o Día do libro

Celebramos o Día do Libro, lendo... Xa sabedes que durante este mes de abril estamos aproveitando a "Hora de ler", eses 20 minutos nos que todo o cole "para" e se mergulla na lectura, para desenvolver o programa de voluntariado de lectura "Ler con...D". E lemos onde nos cadre: no patio, nas aulas, no ximnasio... Velaiquí estamos!








    Que marabilla! 
Como gozamos cando nos contan contos!

E para festexar o Día do Libro, Macín quixo deixarnos un agasallo na porta da escola. Un pequeno surtido de lecturas para todos e todas coas que ir ampliando o catálogo da nosa biblioteca.
Pero que sorte a nosa!

martes, 22 de abril de 2025

Familias con moito conto

E dentro do programa de Voluntariado de lectura "Ler con...D" tamén contamos con algunhas familias que puideron compartir un bocadiño do seu tempo e achegáronse ata o cole a contar un conto nas aulas dos máis pequenos do cole.

Por aquí vos deixamos unhas fotos do papá de Manuela que contou "Neste conto non hai ningún lobo feroz" na aula de 3 anos.



E tamén da mamá de Breixo contando "O libro dos cús" na aula de 1º de Primaria.

Estas familias teñen moito conto... a que si? 

Grazas por compartir!



xoves, 10 de abril de 2025

Voluntariado de lectura 24-25

E máis contos na hora de ler... Grazas ao noso equipazo de biblio, temos corda para rato! Menudo mes de abril a rebosar de lecturas!!!

Deixamos para os últimos días antes das vacacións de Semana Santa:


Moitas grazas a esta rapazada polas contadas!