Amosando publicacións coa etiqueta Familias na biblio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Familias na biblio. Amosar todas as publicacións

venres, 13 de xuño de 2025

Raio, the loubicán: un espectáculo para familias

E pola tarde puidemos gozar de novo dos títeres de Mircromina Teatro da man de Ton Arenas, co espectáculo aberto ás familias Raio, the loubican. 


De primeiras apareceu Antolín, o bailarín, quen nos deleitou co seu baile ao ritmo de muiñeira, para darlle paso ao veciño e o can Linkecho, a quen capturou gañándose ao público, para rematar coa aparición de Raio, fillo dunha loba e o can Linkecho fuxido e que... bon... xa sabedes que é o que lle pasa cando lle rascas o papo...


Unha xornada fabulosa da que Ton Arenas quixo despedirse así no noso libro de visitas. 


Sen dúbida o mellor dos premios!



xoves, 29 de maio de 2025

Identificando as nosas árbores

Grazas á iniciativa de dúas familias da escola, que iniciaron un fermoso proxecto para identificar a grande variedade de árbores do noso patio e para o que tiveron que facer tarefas de documentación e de formación para o emprego de recursos dos que dispón ao centro e que están ao servizo de toda a comunidade, realizaron unha actividade co alumnado de 6º de Educación Infantil pero da que poderemos gozar toda a comunidade educativa.


Aprenderon a manexar a cortadora láser para elaborar a cartelería en madeira para sinalización das árbores do patio e tamén elaboraron uns identificadores cos nomes propios da cativada.


O produto final, ademais desta cartelería, foi un mapa interactivo das árbores que temos no patio, co que podemos aprender moitas das súas características e que poderá seguir medrando ano tras ano.

Moitas grazas, familias. Que sorte a nosa!

mércores, 30 de abril de 2025

Mapeo das árbores do noso patio

Grazas á iniciativa de dúas familias da escola, iniciamos un novo fermoso proxecto para identificar a grande variedade de árbores do noso patio. 

Cunha grande tarefa de documentación e de formación previa para o emprego de recursos dos que dispón ao centro e que están ao servizo da comunidade educativa, realizaron unha actividade co alumnado de 6º de Educación Infantil pero da que poderemos gozar toda a comunidade educativa: 
Aprenderon a manexar a cortadora láser para elaborar a cartelería en madeira para sinalización das árbores do patio e tamén elaboraron uns identificadores cos nomes propios da cativada.
O produto final que presentarán á comunidade educativa será un mapa interactivo das árbores que temos no patio do centro, identificando as súas características máis salientables.



Velaiquí podedes ver o resultado:


Moitísimas grazas polo traballazo!!!

martes, 18 de febreiro de 2025

Menudo equipazo para axudarnos no mantemento do catálogo!

Que sorte a nosa poder contar cun equipo de familias colaboradoras que fan quendas para botarnos unha man nas tarefas de mantemento do catálogo, tanto na ordeación como na reetiquetaxe dos fondos, neste curso no que estamos tan a tope coa migración ao novo sistema de xestión bibliotecaria!

Moitísimas grazas!

Sen vós sería todo moito máis difícil.