Amosando publicacións coa etiqueta Espalla un poema. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Espalla un poema. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de febreiro de 2025

Versos para Rosalía.

Celebramos o Día de Rosalía, a nosa poeta máis universal, cun recitado dos seus versos sobre os que estivemos a traballar estes días pasados. Hoxe a choiva non nos permitiu xuntarnos na nosa arboreda do patio, pero igualmente espallamos os versos de Rosalía e o seu amor pola nosa língua.

O Meco mandounos traer flores para encher de alegría o Día de Rosalía e nós, ademais botámoslle versos ao ar: Alborada, O moucho, Isca de aí, Lugar máis fermoso non houbo na terra, Has de cantar, Como chove miudiño, Adiós ríos, adiós fontes, Campanas de Bastavales e Miña casiña, meu lar. Todo un recital!


Os nenos e nenas de 3 anos recitaron o poema "Alborada"

Os de 4 anos recitaron "O moucho" con moito ritmo.

Os de 5 anos, "Isca de aí"

E comezamos cos nenos e nenas de 1º de Primaria, que recitaron "Lugar máis fermoso non houbo na terra"

As nenas e nenos de 2º de Primaria, recitaron "Has de cantar"


Na quenda de 3º de Primaria, escoitamos "Como chove miudiño"

E os de 4º de Primaria recitaron "Adiós ríos, adiós fontes".

5º de Primaria, deleitounos con "Campanas de Bastavales",

E os de 6º de Primaria, "Miña casina, meu lar".
Como arrecendía este caldo de gloria. Hummm!


Por mil primaveras máis para a nosa língua!
Viva Rosalía!