Hoxe e como broche dourado da súa andaina no cole, este grupazo de 6º de Primaria ao que botaremos moitíiiiiisimo de menos, quixo compartir con toda a comunidade educativa o resultado do seu esforzo e ilusión coa representación da obra Mamasiña, que medo, de Chus Pereiro. Trátase dunha proposta chea de humor, emocións e situacións sorprendentes que permitiu aos rapaces e rapazas demostrar o seu talento artístico e o seu compromiso.
mércores, 17 de xuño de 2026
Ai, Mamasiña, que medo!
venres, 5 de xuño de 2026
Grazas ao noso Equipo Biblio!
Un ano máis temos que agradecerlle ao noso equipo de colaboradores polo seu traballo incondicional na nosa biblioteca durante os recreos, acompañando a outros usuarios, peocupándose polo espazo e a adecuación dos materias, pola súa colaboración nas tarefas de xestión e mantemento do catálogo, pero sobre todo, pola súa implicación en todas e cada unha das actividades promovidas pola Biblioteca ao longo do curso escolar.
Grazas, rapazada! Sodes xeniais!
Porque sen vós, todo sería moooooito máis complicado.
venres, 27 de marzo de 2026
Atrapados no Museo, unha obra de teatro chea de misterio.
O que máis nos abraiou non foi só a súa soltura no escenario, senón o inmenso traballo previo que realizaron durante semanas. Dende as primeiras sesións para adaptar este guión cheo de suspense, ata a confección do vestiario e escenografía, os ensaios... esta rapazada amosou ser un equipo creativo imparable.
Ver o alumnado de 5º movéndose entre os elementos do Antigo Exipto mentres resolvían o misterio foi unha experiencia emocionante para todo o colexio, que seguiu a trama sen pestanexar.
Con esta representación, quedou claro que o teatro é unha ferramenta máis que potente para traballar a expresión oral, a perda do medo escénico e, sobre todo, a cohesión do grupo. Foi un orgullo ver o ben que o fixeron.
¡Unha ovación de gala para estes novos talentos que converteron o cole nun escenario cheo de maxia e intriga!
luns, 15 de decembro de 2025
E así vai pasando o mes de decembro na nosa biblio...
Ao longo deste mes moitas e moitos de vós pasastes pola biblio para confeccionar a tarxeta pop-up do Apalpador do reto STEAM de decembro, que ainda que era moi laboriosa, non deixastes de vir ao longo de varios días para lograr rematala.
xoves, 2 de outubro de 2025
Equipo Biblio en marcha!
Novo curso e novo Equipo Biblio! Despois do traballazo que fixeron os nosos voluntarios e voluntarias no curso pasado no que conseguimos o Selo de Biblioteca Escolar Solidaria, este ano toca renovar o equipo coas novas incorporacións do alumnado de 5º de Primaria.
Por iso, como cada ano, fixemos unha sesión de formación para os axudantes de biblioteca na que falamos do sistema de catalogación das bibliotecas en xeral e sobre o funcionamento da nosa en particular, así como dos compromisos que adquirimos cando participamos no equipo de biblioteca.
|
|
Ademais de aprender que a Clasificación Decimal Universal é un estándar de catalogación que é válido para todas as bibliotecas do mundo, revisamos como están ordeados os fondos na nosa biblioteca, facendo un barrido por todas as seccións das que dispoñemos e os diferentes niveis lectores.
martes, 1 de abril de 2025
O noso equipo de voluntarios da Biblioteca
- Encárganse do empréstito e devolucións de todo o alumnado, apoiando a apertura e bo funcionamento da biblioteca.
- Realizan tarefas de xestión, actualización e mantemento do catálogo, colaborando activamente no etiquetado KOHA.
- Reordenan e revisan os fondos catalogados, mellorando así o espazo da biblioteca.
- Colaboran na dinamización das actividades promovidas pola biblioteca.
- E acompañan a outros usuarios no tempo de lecer, especialmente ao alumnado non lector, e colaboran na procura de recursos axeitados aos intereses dos usuarios.
xoves, 27 de marzo de 2025
E no Día do teatro, a B.E. sae a escena!
Grazas ao noso alumnado colaborador do Equipo de Biblioteca puidemos gozar de dúas obras de teatro que representamos no centro, para o resto do alumnado.
Así, os de 5º de Primaria prepararon a obra de teatro "O bosque máxico" na que todos os animais da fraga do Belelle únense para vencer ás sombras escuras que axexan a ribeira do río...
Fixeron dous pases, un para os nenos e nenas de educación infantil e outro para o alumnado de 1º e 2º de Primaria.
Pola súa banda, o alumnado de 6º de Primaria representou nun único pase para os seus compañeiros de 3º, 4º e 5º de Primaria ,"A visita da inspectora", unha obra inventada por eles mesmos nas que una inspectora moi particular ven cargada de disparatas ideas coas que revolucionar a escola.
Moitas grazas aos nosos voluntarios do Equipo Biblio por dinamizar este día na que a Biblioteca Escolar sae a escena!
Bravo, rapazada!
xoves, 24 de outubro de 2024
No Día das bibliotecas Escolares, temos novo Equipo Biblio!
Nesta intensa semana chea de celebracións, hoxe, Día da Biblioteca Escolar, o alumnado de 5º de Primaria recibiu a formación inicial para a participación no programa de voluntariado da nosa biblioteca.
Falamos da nosa biblioteca, da folla de ruta que imos a seguir cara a súa transformación para converterse nun verdadeiro laboratorio de aprendizaxe, do acompañamento dos novos usuarios da biblioteca e da Clasificación Decimal Universal.
Todo este marabilloso grupo está disposto a converterse en axentes dinamizadores deste cambio que lle queremos dar á nosa biblioteca e teñen moitas ganas de colaborar para logralo!
Aínda faltan os de 6º de Primaria, que recibirán a mesma formación a vindeira semana, pero hoxe, Día das bibliotecas non queríamos deixar pasar a ocasión para darlle a benvida aos novos voluntarios da nosa B.E.










