sábado, 5 de noviembre de 2016

MAGOSTO

Dentro de poucos días celebraremos o Magosto no cole, aquí vos deixo algúns poemas que nos falan del:


A castaña no ourizo
quixo rir e regañou
caeu do castaño embaixo
mira ti o que gañou.




Non chas quero, non chas quero,
Castañas do teu magosto,
Non chas quero non chas quero,
que me cheiran ó chamosco





Santiña do Soutarelo
bota castañas embaixo
aunque non teña mantelo
collereinas no refaixo




Santo que estás no canizo
bota castañas embaixo
que anque non teño candil
acadochas no refaixo




Mociños de aló arriba
videvos ó fiadeiro
que vos hei de dar castañas
cando eu seña catiñeiro




Miña nai, doime a barriga
-Miña filla, confesión.
As castañas que comiche
¿de qué castiñeiro son?




A castaña no ourizo
quixo rir e reventou:
caendo castiro abaixo,
mira que golpe levou!




Monxe que estás no canizo
Tira castañas para baixo,
tírame das máis grandiñas
que as pequenas non me baixo.




Acabáronse as vendimas
E veñen as esfolladas,
Para comer coas mozas
Catro castañas asadas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario