martes, 21 de febrero de 2017

RECOMENDACIÓNS LECTORAS




Ola,son Lucía de 6º curso e vou facer unha recomendación do libro "Marieta".

Esta colección ten 2 historias nun mesmo libro,por un lado conta a historia dunha señora cando era pequena (concretamente 8 anos en 1935) e por outro, a súa actualidade. Este libro é de estilo cómic, entón non se tarda moito en lelo.De momento hai 3 libros,e están na biblioeca do colexio. Recoméndovolos porque son moi divertidos e enganchan moito.






Ola,son Claudia de 6º curso e vou facer unha recomendación do libro "Dad".


É un libro que recoméndovolo porque trata dun pai que intenta coidar a 4 nenas,a verdade é que se meten nuns líos, nos que a verdade é díficil de saír. Son historias soltas que tratan sobre líos nos que se mete Dad. Éste é de estilo cómic entón non se tarda moito en ler.De momento na biblioteca do colexio temos 2.

No hay comentarios:

Publicar un comentario