domingo, 24 de junio de 2018

OBRA DE TEATRO EN INGLÉS DO PROXECTO "GALIZA MÁXICA"


A mestra de inglés colaborou no proxecto da biblioteca “Galiza máxica”, organizando unha obra de teatro en inglés (con tradución en castelán) inspirada no conto “Room on the broom”.
Un grupo de nenos e nenas de 6º de EP  foron os protagonistas  desta obra, que representaron para o resto do colexio o martes 19 de xuño. Estiveron a ensaiar durante todo o curso, unhas veces no momento lector e outras no recreo. Tiveron que tomar decisións   sobre o vestiario, decoración, distribución de papeis, elaboración de guión, tradución do conto e deseño dos pases...Todo supervisado pola súa mestra de inglés.
Grazas ao seu traballo, puidemos asistir a unha entretida sesión teatral.





No hay comentarios:

Publicar un comentario