DÍA DO LIBRO 23 ABRIL 2020
Rapaces e rapazas temos unha mensaxe de Macín para vós:
"Ola nenos e nenas xa hai moitos que non vexo a ninguén na biblioteca, bótovos moito de menos e iso ponme triste. Por iso ocorréuseme que podíades mandarme fotos ou vídeos contándome cal é o voso libro favorito para conmemorar o Día do libro (23 de abril). ESPÉROVOS.
Pois si! O 23 de abril celebramos o Día do libro e como este curso non podemos estar no cole, a Macín ocorréuselle esa gran idea. Podedes mandar a opción que queirades:
- Foto da portada do libro facendo unha recomendación escrita ou oral do mesmo.
- Vídeo de vós co libro contando por que vos gusta tanto.
Enviades a vosa opción á dirección de correo da biblioteca: bibliomacin@gmail.comCando recibamos as vosas fotos e vídeos irémolos publicando neste blog e así poderemos vernos un pouquiño. Se tedes algunha dúbida de cómo facelo tamén a podedes a mandar ao mesmo correo.Esperámosvos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario