martes, 25 de maio de 2021

DÍA DO LIBRO (23 ABRIL)

 Durante o mes de Abril realizamos diferentes actividades para celebrar o Día do Libro (23 de Abril).

Recibimos a visita da escritora Ana Meilán que fixo un contacontos do seu título "Quen ven esta noite" para os alumnos de 5º e 6º de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria. Tamén do seu título "Bágoas debaixo da cama". A continuación podedes ver algunhas fotos:



Ademais retomamos os "Apadriñamentos lectores" entre os alumnos dos cursos de 3º, 4º, 5º, e 6º de E.P. e os alumnos de Educación Infantil e 1º e 2º de E.P. como vemos nas seguintes imaxes:


E tamén fixemos gincanas literarias dentro de cada aula. Cada grupo tiña que atopar as preguntas escondidas, respondelas e montar un puzzle da portada que lles regalamos como premio por conseguilo. A nivel individual regalámoslles un marcapáxinas.




Ningún comentario:

Publicar un comentario