Hoxe, Día das Escritoras adicado especialmente ás mulleres do rural baixo o lema "A periferia da periferia", a Concellería de Educación do Concello de Neda veu agasallarnos cun libro dos Bolechas nos que a súa protagonista fala do que quere ser de maior, poñendo en valor o traballo das súas devanceiras.
Porque se queremos un mundo máis xusto e resilente, temos que rachar cos estereotipos de xénero nos xogos e xoguetes, nos deportes e por suposto nas profesións. Temos a obriga de visibilizar o papel fundamental que xogan as mulleres na sociedade, acaladas durante moito tempo e que agora son quen de reclamar o seu lugar.
No día das escritoras é importarte ler libros escritos por mulleres ou que falen sobre elas. Porque os nenos e nenas de hoxe son as persoas adultas do mañá, rachemos cos estereotipos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario