venres, 22 de novembro de 2024

Segunda semana de retos STEAM no recreo.

E a segunda semana deste Novembro: mes da ciencia en galego durante o recreo voaron na nosa biblioteca avións super-aerodinámicos e uns xiroscopios do máis sinxelo, pero que non lle restaban nin un chisco de espectacularidade aos voos.

E probando e probando, fomos pulindo a técnica tanto da construción como nos lanzamentos, explorando así os principios da aerodinámica.

Seguindo estas instrucións tan ben detalladas podedes probar a facelos na casa, pois xa vedes que os materiais que son necesarios para facelos son moi doados de conseguir, verdade? 

Podes animarte e ensinarlle a facelos a algún amigo, veciño ou familiar, porque ensinado tamén se aprende, e de seguro que mellorarás as túas habilidades á hora de explicarte.



E se o avión resulta doado de facer, moito máis doado é este xiroscopio, co que puidemos observar o principio de sustentación que se aplica sobre os nosos helicópteros de papel.

Fixemos unha innumerable cantidade de probas con diversos materiais, pesos, alturas... e a verdade é que, aínda que parece que é só un enredo, grazas a el estamos aprendendo un montón sobre as leis da física, as forzas, os fluídos, a aerodinámica. E todo isto nun anaquiño de papel! Non cres que é fantástico?


Imos a pola terceira semana de ciencia en galego!

Ningún comentario:

Publicar un comentario