venres, 13 de decembro de 2024

Conto contigo: Am(p)adriñamentos lectores

Hai xa varios anos que levamos facendo am(p)adriñamentos lectores, uns encontros en torno á lectura nos que grandes e pequenos poden gozar compartindo un bocadiño do seu tempo ao redor dun libro.

Con esta actividade preténdese, ademais da mellora na lectura do alumnado lector - os padriños e madriñas -, contribuir ao desenvolvemento das relacións interpersoais do alumnado do centro e a mellora do clima de convivencia a través do achegamento entre nenos e nenas de diferentes idades.

Peeeero, como soe pasar nestas datas, estaba a chover... polo que o nosos primeiros contos xuntos tiveron que ser nas aulas. Agardamos veñan semanas de sol nas que seque ben a herba e o chan estea enxoito para gozar do entorno marabilloso do Belelle e compartir lecturas e soños!




Ao rematar este primeiro encontro, as madriñas e padriños repartiron aos seus afillados e afilladas unhas chapas supermolonas que estiveron a facer na biblioteca a semana pasada con lemas sobre a convivencia - aquí me tes..., conta conmigo... -. Selaron así o inicio dun, agardamos, forte vínculo ao redor da lectura. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario