xoves, 27 de febreiro de 2025

Un entroido de conto!

Celebramos a gran festa do Entroido cun desfile de disfraces inspirado no mundo dos contos. De seguro que os vas recoñecer  todos! 

Atención, atención, que aí van as presentacións en formato adiviña!

Preparados?

 Son verde, azul e tamén vermello,

segundo me sinto, cámbiame o pelo.

No frasco correcto teño que estar

Para cada emoción ben colocar. Quen son?

O monstro das cores, de 3 anos!


 Un pitiño alegre que quere xogar,

e un gato famento que o quere atrapar.

Con moita sorte logra escapar,

sabes o seu nome ou hai que adiviñar?

Cocorico, de 4 anos!


Pequeno e curioso, quero xogar,

pero mamá lobo mándame parar.

A aventura chama, non podo esperar,

quen son eu? Adiviñarás!

Lobiño, de 5 anos!


 Moitos cachorros hai que salvar,

dunha muller que os quere roubar. 

Brancos con marnchas, corren sen fin...

Que conto é? Dimo ti!.

Os 101 dálmatas de primeiro!


Ela é bruxa, el vampiro,

xuntos viven un gran delirio.

No clube segredo han de entrar,

e moitos misterios van atopar. Quen son?

As personaxes de Anna Kadabra de segundo!


 Un camiño de ladrillos tiven que seguir,

con tres amigos fun a convivir.

Corazón, valor e mente a buscar,

e cunha bruxa houben de loitar. Quen son?

As personaxes do Mago de Oz de terceiro!


Antes de escribir e de cultivar,

en covas tiñan o seu fogar.

Con lume e pedra souberon crar,

quen son? Atréveste a adiviñar?

O clan dos Croniñóns de cuarto!


No bosque agochado, adoito andar,

con arco e frechas, listo para loitar.

Roubar aos ricos, aos pobres dou,

quen son eu? Adivíñao!

Os Robin Hood de quinto!


Con lentes redondas e unha cicatriz,

da maxia son un bo aprendiz,

enfronto o mal sen dubidar,

coa miña variña na man. Quen son?

Os Harry Potter de sexto!

Grazas á nosa ANPA polo decorado tan espectacular que tivemos na entrada do cole inspirado na maxia dos contos e polos postres entroideiros que puidemos degustar tras o desfile.

E xa sabedes que  podedes atopar na galería da web do cole moitas outras fotografías desta fermosa xornada. Mentras tanto, só nos queda desexarvos un

FELIZ ENTROIDO PARA TODOS E TODAS! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario