Como xa vos comentamos, este ano o club de lectura Maciñeira de Libros dividiuse en dous grupos e, se ven hai dúas semanas comezou andar o club de 6º de EP “os/as amig@s de Macín”, hoxe fixo o propio o club de 5º de EP da man da profe Lidia.
Despois da nosa primeira comida como grupo, limos o compromiso que as persoas membro adquirimos co club de lectura e asinámolo. Para escoller un nome que nos defina como club fixemos unha tormenta de ideas, despois da cal decidimos que este sería “Macín e os megalectores”.
Finalmente, en parellas e tríos fixemos a nosa proposta de deseño de logo para o club. Ao rematar, escollemos entre todos e todas o definitivo.
Ademais, coñecemos o libro que leremos este mes “Escarlatina a cociñeira defunta” de Ledicia Costas, coas ilustracións de Víctor Rivas.
Ao final da sesión pasamos a limpo o logo do club.





Ningún comentario:
Publicar un comentario