Este mes, no club de lectura de 6º EP “@s amig@s de Macín” limos “Liliam Strawberry e o paxaro da morte”, de Abel Tomé, ilustrado pola ferrolana Blanca Vila, veciña da nosa bisbarra.
Hoxe tivemos a nosa segunda reunión e, ademais, estreamos logo do noso club de lectura.
A continuación, puxemos en común a información que atopamos nas diferentes fontes sobre a ilustradora Blanca Vila: a súa vida, a súa obra, onde poder coñecer os seus traballos etc. Gozamos moito vendo as ilustracións que a autora fixo de persoas coñecidas ou de acontecementos que suceden na nosa contorna.
Para finalizar a sesión xogamos ao Strawberry Tabú, unha versión do xogo de mesa en que, por equipos, tentamos adiviñar a palabra que describe un compañeiro ou compañeira evitando dicir as palabras prohibidas e sen facer mímica ou dar pistas sonoras.







Ningún comentario:
Publicar un comentario