martes, 20 de xaneiro de 2026
“Macín e os Megalectores” len Esta é a miña historia e terás que crela”
Este mes, o alumnado do club de lectura "Macín e os Megalectores" estivo lendo a obra de Érica Esmorís titulada "Esta é a miña historia e terás que crela", editada por Xerais.
Despois da comida, fixemos un debate sobre o que máis nos gustou da obra e o que menos, debatimos sobre as situacións que se dan na obra e como o feito de contar a verdade ou unha mentira pode cambiar a forma en que nos relacionamos e as cousas que nos pasan. Tamén falamos longo e tendido sobre o final da obra e como o entendimos cada un e cada unha de nós.
Para finalizar, xogamos a unha adaptación do xogo Unánimo, o xogo da conexión mental, con palabras relacionadas coa novela. Moitos de nós non coñeciamos o xogo e gustounos un montón xogar con el.
Para o mes que vén, tócanos ler "A letra pequena das cousas", unha obra dramática de José Luis Baños de Ocos que as nosas compañeiras de 6º coñecen moi ben.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)



Ningún comentario:
Publicar un comentario