martes, 13 de xaneiro de 2026
O profesorado de Maciñeira continúa formándose en Radio na Biblio
Como xa sabedes, na Biblioteca de MAcín do CEIP de Maciñeira estamos inmersos no programa Radio na Biblio e este martes o profesorado recibiu a segunda sesión de formación en radio escolar da man de Isidoro Valerio, por medio do Plan de Formación Permanente do Profesorado, dentro do itinerario de Polos Creativos, coordinado polo Centro de Formación e Recursos de Ferrol.
Nesta segunda sesión de formación, ademais de recordar os pasos máis importantes á hora de realizar unha gravación dun podcast coa nosa mesa de son e o programa Audacity, aprendimos tamén a editar unha gravación unha vez realizada, para poder incluír música ou efectos de son. Recordamos asimesmo a forma de emprego da música comercial e a libre de dereitos e as distintas plataformas de audio nas que atopar ditas músicas e efectos.
Ademais, fixemos novas probas de gravación de podcast e recibimos consellos moi útiles á hora de empregar os micrófonos, utilizar a mesa de son etc.
Como claustro, estamos moi motivados coa incorporación da radio escolar "Radio Belelle" e estamos xa comezando a traballar con elas nas titorías e en outras actividades.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)



Ningún comentario:
Publicar un comentario