martes, 10 de marzo de 2026

"@s amig@s de Macin" len Alma de Elefante

Este mes, o libro que limos no club de lectura de 6º EP "@s amig@s de Macín" foi Alma de elefante, de Andrea Maceiras ilustrado por Jordi Solano. Xa é o segundo libro que lemos dela e tivemos a oportunidade de coñecela o ano pasado na súa visita á nosa biblioteca así que collémolo con moitas ganas. Foi un libro que nos deixou con moitas preguntas e, na tertulia habitual coméntamolas entre todos os membros do club. Cada un e cada unha de nós comentamos as nosas impresións sobre a obra e sobre os temas que nela se tratan, así como das partes da historia que máis ou menos lles gustou, os momentos en que sentiron tensión ou nervios, pero tamén sobre as características e as actitudes dos protagonistas en diferentes momentos da narración. A verdade é que foi unha das tertulias nas que máis interviñemos pois tiñamos moito que dicir. Ademais, ao fío do espírito da propia obra, cada quen quixo compartir co grupo coa alma de que animal se sentía identificado ou identificada e por que o sentía así. Foi un momento moi especial.
Posteriormente, en equipo, realizamos un mural co mapa que imaxinamos que seguiron Lawen e Suy para ir a Ru desde Sat Naapa. Foi unha tarefa moi completa, recordando todos os lugares polos que pasaron e o que lles aconteceu alí e imaxinando os camiños que seguiron para ir dun lugar a outro. Como adoitamos facer cando traballamos en equipo debatimos, chegamos a acordos, establecimos diferentes tarefas e fomos realizándoas de forma ordenada.
O resultado quedou realmente fermoso, non vos parece?
Para finalizar, fixemos a devolución dos libros e o empréstito dos seguintes, Erin e o lobo, de Érica Esmorís.

Ningún comentario:

Publicar un comentario