Na nosa biblioteca escolar seguimos apostando por espazos que non só fomenten a lectura, senón tamén a creatividade, a exploración e a aprendizaxe activa. Nesta liña, durante este mes de abril incorporamos os materiais de construción KORBO, unha ferramenta que de seguro espertará unha gran curiosidade entre o alumnado.
Os xogos KORBO permiten construír estruturas dinámicas mediante pezas encaixables e sistemas de engrenaxes que se moven, xiran e interactúan entre si. Esta característica convérteos nun recurso especialmente interesante dentro do enfoque STEAM, xa que combinan ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas dun xeito práctico e moi visual.

Ningún comentario:
Publicar un comentario