martes, 12 de maio de 2026

Contacontos: A pequena osa quere xogar

Na nosa biblioteca escolar vivimos unha xornada moi especial arredor da lectura e das historias compartidas. O alumnado gozou dun contacontos do libro A pequena osa quere xogar, unha actividade chea de humor, música e imaxinación da man de David Rodríguez.



Ademais de achegarnos ao mundo da pequena osa dunha maneira divertida e participativa, David compartiu co alumnado a súa experiencia como autor de obras como Superavoa e como ilustrador da Guía dos Seres Máxicos de Galicia, publicados pola Xerais. A visita foi tamén unha oportunidade fantástica para asinar os exemplares que xa forman parte da nosa biblioteca.


E, como broche final, sorprendeunos cun momento inesquecible: unha versión moi especial da canción No puedo vivir sin ti, na que os protagonistas eran os xabaríns xogando coa pequena osa na lameira. 

Queres escoitalo? Pois podes facelo no IG do cole. Un final cheo de risas e creatividade que converteu esta actividade nun recordo moi especial para todas e todos.

Moitas grazas a EdiciónsXerais de Galicia por facelo posible. 



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario