Celebramos o Día de Rosalía, a nosa poeta máis universal, cun recitado dos seus versos sobre os que estivemos a traballar estes días pasados. Hoxe a choiva non nos permitiu xuntarnos na nosa arboreda do patio, pero igualmente espallamos os versos de Rosalía e o seu amor pola nosa língua.
O Meco mandounos traer flores para encher de alegría o Día de Rosalía e nós, ademais botámoslle versos ao ar: Alborada, O moucho, Isca de aí, Lugar máis fermoso non houbo na terra, Has de cantar, Como chove miudiño, Adiós ríos, adiós fontes, Campanas de Bastavales e Miña casiña, meu lar. Todo un recital!
Os de 4 anos recitaron "O moucho" con moito ritmo.
E comezamos cos nenos e nenas de 1º de Primaria, que recitaron "Lugar máis fermoso non houbo na terra"
As nenas e nenos de 2º de Primaria, recitaron "Has de cantar"
Na quenda de 3º de Primaria, escoitamos "Como chove miudiño"
E os de 4º de Primaria recitaron "Adiós ríos, adiós fontes".
5º de Primaria, deleitounos con "Campanas de Bastavales",
E os de 6º de Primaria, "Miña casina, meu lar".
Como arrecendía este caldo de gloria. Hummm!Por mil primaveras máis para a nosa língua!
Viva Rosalía!
Ningún comentario:
Publicar un comentario