Ao longo de toda a semana, o alumnado de 6ºde E.P. participou no programa "Ponte no meu lugar" organizado pola Asociación de Pais e Nais de Nenos e Nenas con Problemas Psicosociais, ASPANEPS en colaboración co Concello de Neda.
O obxectivo de dito programa é dar a coñecer aos nenos e nenas a realidade das persoas con distintos tipos de discapacidade dándolles a oportunidade de como di o título, poñerse no seu lugar, facéndonos conscientes da necesidade de apoios e a accesibilidade para que todas as persoas sen depender da súa idade ou discapacidade, poidan desfrutar dos mesmos dereitos.
Comezaron vendo o video, "Lo incorrecto - Una nueva mirada hacia la discapacidad", reflexionaron sobre el, analizaron os paneis da exposición que achegaron ao centro.
Tamén tiveron a oportunidade de poñerse na pel dunha persoa con discapacidade desplazándose polo centro en cadeiras de rodas ou con antifaces que non lles permitían ver.
Así comprobaron en primeira persoa, por unha banda as dificultades ás que se teñen que enfrontar cada día as persoas con algunha discapacidade (sobre todo tendo en conta que todavía hai moitas barreiras de accesibilidade) e pola outra, como podemos axudalos cando o necesitan, sen sobreprotexelos.
Ademais, analizaron distintas situacións para ver se cumprían as condicións de accesibilidade, reflexionaron sobre toda a experiencia, inventaron lemas coas palabras accesibilidade, tolerancia, apoio e barreiras cos que fixeron unhas bonitas chapas.
Moitas grazas por amosarnos esta realidade para tomar conciencia.
Por unha escola accesible e inclusiva para todas as persoas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario