Porque grazas a elas, somos. Pioneiras nun mundo feito á medida dos homes, tiveron que rachar con moitos estereotipos para lograr ser o que son e sobre todo para abrir camiño ás que virán.
Queres botarlle un ollo á nosa expo? Pois tamén o podes facer desde o noso blog!
8M: MULLER TIÑAS QUE SER - Biblio Macín, a Biblio do CEIP de Maciñeira
Ao longo do mes os diferentes grupos pasaron pola exposición para aprender máis sobre a protagonista feminina escollida.
Traballando o tratamento da información de xeito consciente, favorecemos o desenvolvemento de habilidades críticas e analíticas que son necesarias para avaliar, procesar e empregar a información de forma efectiva.
Isto fomenta o pensamento autónomo, mellora a capacidade para resolver tarefas e facilita a toma de decisións informadas, que son habilidades esenciais nun mundo cada vez máis saturado de datos coa crecente dixitalización da sociedade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario