venres, 7 de marzo de 2025

A permacultura como solución para unha cidadanía ecosostible

Levábamos un tempo coa idea de mellorar o noso impacto sobre o entorno tan espectacular que nos rodea e a nosa horta e hoxe, iniciamos unha nova andaina para incorporar os principios da permacultura no deseño dun patio e unha horta viva. Para iso buscamos asesoramento dun experto nos cultivos ecosostibles, que nos acompañará neste proceso.

Así, a partir de agora, contaremos coas visitas regulares de Pablo Iglesias, grazas á nosa participación no programa de innovación Sosti-Lab, quen nos proporá pequenos desafíos para ir mudando a nosa forma de pensar e incorporando novos elementos para facer un uso óptimo dos recursos e a creación de mellores sistemas produtivos.


Nunha intensa mañá todo o cole realizou diferentes tarefas de mantemento e reacondicionamento do invernadeiro e a súa contorna, e saímos ao bosque a explorar os recursos que pode ofrecernos.



No invernadoiro metimos algunha consolda e algún allo perenne para fixar nutrintes no chan, plantamos algún brécol, leitugas e cebolas, quitamos malas herbas...


Trasegamos paus e follas para os laterais do invernadoiro coa intención e ocultar a malla antiherbas e facer un gran hotel de insectos beneficiosos todo ao redor do invernadoiro...




Dentro metimos cantidade de follas, xa que á terra non quere estar espida, e así favorecemos o aforro de auga e que poida estar o chan máis fresco, para que medre micelio aumentando a fertilidade.


Tamén aplicamos cartón nun par de bancais con follas por encima; Iso trae aforro de auga e aforro no manexo das malas herbas ou adventicias. 

Felices e contentos polo espectacular cambio no invernadoiro e con moitas tarefas que facer ata a próxima visita.

A permacultura é aprender a respectar os ciclos naturais do noso ecosistema, mellorando a biodiversidade e promovendo a fertilidade do chan. Todo un desafío!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario