O Día de Rosalía, que se celebra cada 23 de febreiro polo nacemento de Rosalía de Castro, é unha ocasión para lembrar a súa obra e reivindicar a lingua e a cultura galegas. Este ano quixémonos sumar á iniciativa do Caldo de Gloria, promovida pola Fundación Rosalía de Castro, que anima a preparar e compartir este prato sinxelo inspirado no poema “Miña casiña, meu lar” de Follas Novas. Con este xesto simbólico, recórdase a dignidade das persoas humildes ás que Rosalía deu voz e convídase a manter vivo o seu legado tamén a través da tradición e da memoria colectiva.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria foi o encargado de pasar polas aulas na Hora de Ler para recitar este poema de Rosalía e convidarnos a degustar un saboroso caldo que, como non podía ser doutra maneira, sóubonos a gloria.

Un delicioso caldiño que quentounos as barriguiñas e tamén os corazóns!
Que viva Rosalía e o noso amor pola língua!
Ningún comentario:
Publicar un comentario