sábado, 21 de febreiro de 2026

Día da Língua Materna

O Día da Lingua Materna, que se celebra cada 21 de febreiro por iniciativa da UNESCO, é unha ocasión perfecta para festexar o galego, a lingua na que aprendemos as primeiras palabras, cantamos cancións e escoitamos historias na casa. 

Esta semana estivo na nosa biblio Antón Cortizas, e deixounos estas palabras nas primeiras follas de  "O lapis de Rosalía".


O Día da Língua Materna é un día para sentir orgullo de falar galego, para compartilo cos demais e para lembrar que cada vez que o usamos estamos a manter viva unha parte moi especial da nosa identidade e da nosa cultura.

Que veñan mil primaveras máis para a nosa língua!



Ningún comentario:

Publicar un comentario