venres, 13 de febreiro de 2026

Entroido 2026: xogamos!!!

E chegou o entroido no cole, e celebrámolo cunha gran festa con desfile incluído. A mágoa foi que por culpa do mal tempo o desfile tivo que ser no patio cuberto e non puidemos compartilo coas familias coma tanto nos gusta. Aínda así, enchimos a escola de cores e moita troula. 

Este ano, tocou a temática dos xogos. Estádes listos para xogar ás adiviñas entroideiras??? Alá imos!

Catro cores esperan para poder saír, 

tiro o dado e empezo o camiño a seguir.

Se caio nunha casa, teño que volver atrás:

que xogo será este de correr sen parar?

As fichas do Parchís, de Educación Infantil!


 Nun cadradiño tres por tres vou debuxar,

círculos e cruces queren gañar.

En liña, columna ou diagonal,

que xogo será este tan simple e xenial?

 Os Tres en raia, de primeiro!

 

Pequenas boliñas queren medrar,

choca, xúntanse e volven saltar.

Apunta con tino para facer montón,

que xogo é este de pelusas en acción?

 As Pelusas, de segundo!

 

Nun labirinto amarelo vou rodar,

como puntiños sen parar de andar,

unhas pantasmas quérenme pillar,

se collo a boliña... que vai escapar?

 O Pacman e as súas pantasmas, de terceiro!

 

En casiñas con caras póñome a mirar,

se leva gafas, bigote ou é rubio ao falar.

Pregunto, descarto, achégome ao final:

quen será o personaxe? Imos adiviñar.

 O Quen e quen?, de cuarto!


Teño corazóns, pero non sinto,

teño diamantes, pero non minto,

picas para xogar e trevos no lugar,

preparados para xogar? Quen son?

 As cartas do Póker, de quinto!

 

Caen pezas do ceo sen parar de bailar,

encaixo, xiro e penso onde as vou colocar.

Se fago unha liña, desaparece ao instante:

que xogo será este tan rápido e vibrante?

O Tetris, de sexto!

Como cada ano temos que darlle as grazas á nosa ANPA molona que convidounos a unha rica merenda de doces tradicionais: orellas, filloas e rosquiñas a fartar!!!

Que viva o entroido!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario